CURSO PREPARADOS NATURAIS PARA A HORTA
- Entre maio e xuño
- Horario de tarde
- Saíñas
“Preparados naturais para a horta”, destinado a todas as persoas que queiran coñecer máis en profundidade as necesidades das plantas e aprender alternativas ecolóxicas e naturais para previr e combater pragas na horta e aboar de xeito natural.
O obradoiro desenvolverase en catro sesións, os mércores 21 e 28 de maio e 4 e 11 de xuño, en horario de 17.00 a 21.00 horas, nunha finca situada en Saíñas.
É gratuíto e estará impartido por Jacobo Ojea, labrego e biólogo. As inscricións xa se poden facer nos teléfonos 604 025 288 ou 699 117 128, ata completar as prazas dispoñibles.
Durante as sesións o alumnado aprenderá a facer e aplicar preparados vexetais e minerais e incidiranse sobre a reprodución de microorganismos e fermentados para usalos na horta, así como as propiedades da auga do mar como emenda na horta.
