Quén é agresor? Que a vergoña cambie de lado” é a nova campaña do Concello de Poio para conmemorar o Día para a eliminación das violencias contra as mulleres, o 25 de novembro.

Charlas informativas sobre os puntos lila. Dous obradoiros, o primeiro impartirase o mércores, 13 de novembro, e está dirixido ao profesorado do IES que queira formarse para crear dentro do centro espazos de información, identificación, visibilización e acompañamento para poder resolver e actuar ante situacións puntuais sobre violencias machistas. O segundo, destinado ao alumnado de 3º e 4º da ESO, impartirase o 11 de decembro co obxectivo de informar sobre o uso destes espazos que se habilitan en festas e outras actividades para ofrecer zonas seguras e axudar e activar os protocolos policiais de atención precisos en caso de agresión sexual.

Taller interactivo coas asociacións do Consello Municipal da Muller. Presentación de unha mesa de traballo coa participación de expertas na materia sobre as bases nas que se cimenta a igualdade e co obxectivo de previr a violencia de xénero en xeral e a violencia sexual en particular. Realizarase o mércores 13 de novembro na biblioteca do Pazo Besada.

PROGRAMACIÓN:

Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual, o venres 22 de novembro, a cargo de persoal especializado e dirixido a estudantes do IES, para reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións, para identificar as tipoloxías de violencia sexual, evitar ditas agresións e incidir nunha educación afectivo sexual alternativa á pornografía.

Proxección do documental “En deuda con todas”, a loita pola despenalización do aborto no Salvador, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Será o venres, 22 de novembro no Casal de Ferreirós (19.00 horas). As persoas asistentes visualizarán o documental e a posteriori abrirase un espazo de reflexión no que se fará uso dunha metodoloxía participativa, xerando unha discusión sobre os dereitos sexuais e reprodutivos.

Andaina Violeta contra a violencia de xénero, o domingo 24 de novembro. Acto central da campaña, diririxida a toda a cidadanía. Sairá ás 10.00 horas do Porto de Covelo e transcorrerá polo paseo do Laño ata Raxó. Alí visibilizarase o vídeo gravado anteriormente nos distintos talleres, como mostra do traballo realizado a carón do lema que vertebra a campaña do 25N.

Parón institucional e lectura do manifesto diante do Concello de Poio, o luns 25 de novembro ás 12.00 horas.

Level up, desbloqueando a igualdade”. Actividade co alumnado de secundaria para cuestionar as estruturas sistemáticas que abroquelan as desigualdades que derivan en violencias simbólicas, físicas, piscolóxicas, sexuais, económicas e dixitais que a día de hoxe seguen afectando de maneira desproporcionada ás mulleres. Este obradoiro desenvolverase o luns, 25 de novembro para todos os grupos de primeiro da ESO.

Consentimento cunha taza de…, charla teatralizada dirixida ao alumnado de 6º de primaria de todos os colexios do municipio. Amosaranse diferentes escenas nas que o mozo convida a diferentes chicas a tomar algo á súa casa con diferentes resultados, amosando a persuasión, insistencia, a chantaxe… e as diferentes reaccións delas a estas situacións e as súas emocións. O 22 de xaneiro, no Centro Cultural Xaime Illa.

Scroll al inicio