O xulgado de Paz de Poio ostenta as seguintes competencias en materia de orde civil e Rexistro Civil sempre referíndonos a feitos ocorridos neste municipio

Na orde civil:

Teñen competencia para:

  1. Xuízos Verbales de cuantía non superior a 90 €.
  2. Celebración de Actos de Conciliación (en cuantía ata 6.000€).
  3. Para a execución do convido ( acordado ) en Actos de Conciliación celebrados ante o propio Xulgado de Paz , sempre que a cuantía non supere os 90 €.
  4. Para cumprimentar as peticións de auxilio xudicial que lles sexan enviadas por outros Xulgados ou Tribunais (tanto na orde civil como penal).

En materia de Rexistro Civil 

Nos Xulgados de Paz están os chamados Registros Civís “delegados”, cuxas competencias son:

En materia de inscricións:

Só poden practicar por si mesmos os seguintes asentos:

  • Inscricións dentro do prazo legal de nacementos de fillos que houbera dentro do matrimonio.
  • Inscricións ordinarias de defunción.
  • Inscricións de matrimonio na forma relixiosa mediante a correspondente certificación eclesiástica.
  • Inscricións de matrimonio civil cuxo expediente sexa instruído polo propio Xuíz de Paz ou que lle sexa enviado desde outro Rexistro Civil por ser elixido este Rexistro ( ou concello) polos contraintes para celebralo.

En cambio, para a extensión doutros asentos deberán recibir instrución particular e por escrito do Encargado do Rexistro Civil principal (Pontevedra), salvo caso de urxente necesidade.

En materia de Expedientes rexistrales:

Carecen de competencia, excepto para os dous seguintes:

- Expedientes de Fe de vida e estado.

- Expedientes previos de matrimonio civil.