Mapa Intereactivo

Visita Virtual

En ningures atoparás tal combinación: natureza, mar, gastronomía e historia.
O paraíso está máis preto do que pensabas.
Visita Combarro: turismo para a lembranza
Petroglifos, museos, exposicións... a cultura galega na túa man.
Descubre os miradores, o mar ... a natureza preto de vostede.
Desde tapas enxebres a Estrelas Michelín. ¿Por onde comezamos?
Deixese levar por unha experiencia turística diferente ...

Localización GPS

No ano 1992, en España conmemorábase o 5ª Centenario da Viaxe de Cristovo Colón ao Novo Mundo ( 1492-1992), ese foi o argumento de peso para que a OIE ( Oficina Internacional de Exposicións) escóllese, en 1983, a candidatura de Sevilla e Chicago para celebrar a chamada Exposición Universal de 1992, a cal ía ser co-organizada nun principio entre España e EUA. Ao final, problemas organizativos internos de Chicago fixeron que se retirase, e tivo lugar únicamente en Sevilla, coñecida como EXPO´92.

Nos anos previos a 1992, con motivo do 5º Centenario do Descubrimento de América España e EUA fecharon un calendario de actos festivos. Un deles sería unha iniciativa ofrecida polos americanos consistente en plantar 500 sequoias da zona de California, nunha zoña idónea de España. Para iso desprazouse unha delegación de expertos americanos do Sequoia National Park de Visalia (California) a diversos puntos da xeografía española, realizando inspeccións visuais e análise de terras, entre eles ao municipio de Poio, concretamente visitaron o monte do Castro, conforma a ladeira do monte Castrove. Meses despois, esta delegación propuxo que o lugar máis idóneo de todos cantos visitaran e analizaran era o monte do Castro, motivo de alegría tanto para o Concello de Poio como para a propia Comunidade de Montes de San Xoán, receptiva desde o principio con este proxecto.

Se algué dubida de tan protocolario e importante acontecemento, abonda dicir que a aprobación e proposta de Poio foi aceptada polo mesmo Senado e Congreso dos EUA o 3 de xaneiro de 1992, resolución asinada entre outros, polo propio presidente, George Bush (pai).A plantación de 500 sequoias vermellas levouse a cabo en 2,2 hectáreas de terreo dispostas pola Comunidade de Montes de San Xoán durante os meses posteriores ao verán dese mesmo ano. Queda fixada a data oficial de inauguración do bosque de sequoias para o 3 de decembro.

Desgraciadamente, na madrugada do mesmo día da inauguración, tivo lugar unha das catástrofes ecolóxicas máis importantes da historia de España, o petroleiro Mar Exeo con 80.000 Tn a bordo encalla e incéndiase fronte as costas de A Coruña. Este tráxico suceso fixo que se cancelase o acto de inauguración do bosque de sequoias no monte Castrove, privándoo da súa inauguración oficial e da súa presentación pública.

Das 500 sequoias platadas mantéñense máis de 450, algunhas alcanzan na actualidade 20 m, cumpriron a súa maioría de idade no ano 2010. A partir dos 15 anos o crecemento anual é máis rápido. O monte do Castro encóntrase a 435 m de altitude, sendo o 7º punto máis alto do municipio de Poio.