Facebook
Twitter
Youtube
Contacto

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS POR PARTE DO CONCELLO DE POIO DE SUBVENCIÓNS PARA EDIFICACIÓNS AUXILIARES PROTEXIDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE COMBARRO

Descargar documento completo

PRIMEIRO. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios das axudas as/os usuarios/as legais das construcións auxiliares protexidas, como propietarios/as, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso sobre elas, con consentimento do/a titular da propiedade, e no seu caso sempre que non se atope en ningún dos supostos dos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei de Subvencións de Galicia.

SEGUNDO. Obxecto da subvención

1. As presentes bases reguladoras teñen por obxecto fomentar as actuacións de conservación, mantemento e restauración de bens inmobles do patrimonio etnográfico e en concreto dos hórreos e palleiras no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

2. Terán prioridade aquelas construcións protexidas da arquitectura tradicional que mostren tipoloxías únicas ou en grave risco de desaparición. Valoraranse aquelas características da restauración que conserven as tipoloxías, as técnicas tradicionais, os materiais autóctonos, etc., así como a continuidade dos usos e funcións para os que foron construídos, primándose os aspectos sociais e pedagóxicos. Ao mesmo tempo, será considerado o grado de conservación do entorno urbano e paisaxístico onde se localizan ditos inmobles.

TERCEIRO. Bases Reguladoras

Establécense nesta mesma orde de convocatoria.

CUARTO. Contía

Esta convocatoria impútase ao crédito orzamentario do 2017 do Concello de Poio 336/78900, cun importe de sesenta e mil euros (60.000,00€).

O orzamento protexible máximo calcularase a partir da comparativa das solicitudes presentadas, sen que en caso ningún a axuda a conceder poida ser superior ao 70% do custos subvencionables, nin o importe que así resulte poida superar os 10.000,00 euros (IVE incluído, cando tal imposto sexa subvencionable).

QUINTO. Prazo de presentación de solicitudes

Publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, as solicitudes de axudas económicas presentaranse en impreso oficial normalizado, nos 30 días naturais seguintes, no rexistro xeral do concello ou facendo uso dos medios previstos no art. 16º da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.

Go to top