A Corporación de Poio manifesta a súa tristura e pesar polo naufraxio da embarcación Nuevo Marcos acontecida na madrugada deste 26 de abril de 2017 cando faenaban enfronte da costa de Combarro, accidente no que falereron tres dos seus tripulantes.

Trasladamos así o noso fondo e máis sentido pésame, en nome de todo o Concello, en primeiro lugar, ás familias Ligero Abilleira, Carballa Viñas e Castiñeira Sabarís, aos seus compañeiros e en xeral a todo o colectivo do mar. Asimesmo mostramos o noso apoio aos dous superviventes desta lamentable traxedia Adrian e Carlos, aos que lle trasladamos todo o noso agarimo. Queremos mostrar o noso agradecemento aos efectivos e particulares que participan no operativo de rescate das vítimas e dos falecidos.

De forma unánime por todos/as concelleiros/as presentes, o Pleno desta Corporación, como testemuña da dor que provoca a toda a veciñanza este dresgraciado suceso, acorda declarar tres días de loito oficial nos que se suspenden todos aquéles actos instituicionais non ligados ao funcionamento mínimo imprescindible das actividades desta entidade local. Asemade, está habilitouse na web do Concello de Poio un Buzón de Condolencias que se lle farán chegar ás familias das víctimas.

 

 

 

 

Duración: 24 de abril ata o 07 de maio de 2017, ambos inclusive.

Obxectivo: Toma de conciencia e sensibilización da veciñanza coas necesidades de terceiros, mediante a vixilancia dos espazos de estacionamentos reservados para persoas con mobilidade reducida, correctamente delimitados e sinalizados no noso municipio. Con esta medida tratarase de evitar, tamén, o uso fraudulento de tarxetas concedidas a esas persoas.

A tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade recoñecido ao seu titular e sirve de documento substitutivo, a tódolos efectos, á resolución pola que se recoñece o grao. En calquera momento do día, os vehículos que se atopen indebidamente estacionados en ese espazo poderán ser denunciados e retirados co guindastre municipal.

A Policía Local advirte que é seu deber diferenciar na súa actuación, por un lado a denuncia administrativa cando se fai un uso indebido (utilizando a mesma unha persoa que non ten o grao recoñecido ou ben non acompaña a persoa titular, ou presenta unha fotocopia) e por outro a infracción penal, cando se fai un uso fraudulento ou se falsifica algún dos datos do documento.

 

 

 

A Policía Local de Poio “blindará” a seguridade viaria nos accesos aos centros de ensino, para este obxectivo ponse en marcha unha campaña para mellorar a seguridade viaria nos centros de ensino do Concello, especialmente na entrada e saída dos alumnos. A primeira das medidas tomadas vai dirixida a mellora nas inmediacións do Colexio SEK- Atlántico e o CEIP Lourido, no tocante a saída de autobuses e pintado de marcas viarias para mellorar a seguridade nas zonas.

A campaña ponse en marcha tras detectar comportamentos que hai que corrixir, como poden ser aparcamentos masivos e perigosos , por parte dos pais que van a levar ou recoller os seus fillos, en moitos casos invadindo as zonas peonís e os accesos aos centros escolares. Detéctase este estacionamento abusivo nas zonas peonís e accesos aos colexios que en moitas ocasións xeran problemas de seguridade viaria, para os pequenos como pouca visibilidade ou manobras perigosas nas beirarrúas que transitan os escolares. O perigo acentúase tendo en conta a idade dos nenos, a súa estatura e o comportamento moitas veces imprevisible.

Por este motivo, contactouse cos directores dos centros de ensino e tamén coa ANPA aos que se lles informou que os axentes van poñer a partir de agora especial interese en evitar este tipo de aparcamentos perigosos. A comunidade escolar recibiu esta información a través de distintos canais e esperamos un comportamento exemplar por parte dos pais, porque esta medida se toma para garantir a seguridade dos seus fillos. Esperamos que sexan o mellor exemplo na educación viaria dos nenos.

Tradicionalmente a sociedade ven aceptando este tipo de estacionamentos ante os colexios xa que se trata de pais que van a recoller aos seus fillos ao centro de ensino, no en tanto, a policía local está obrigada a evitar que continúe, polo perigo que supón para os rapaces e o alto risco de atropelo. Co obxectivo de mellorar a seguridade na contorna dos colexios. Dende o vindeiro día 18 de Abril, a Policía Local de Poio verificará que os condutores cumpren as devanditas normas e – na contra-  sancionará oportunamente as infraccións, con arranxo co Regulamento Xeral de Circulación.

 

Dende a Oficina de Rehabilitación dependente da Concellería de Patrimonio do Concello de Poio en colaboración con distintas entidades, celebraremos as xornadas debate "AS PALLEIRAS DE COMBARRO" que terá lugar na Escola de Campo os vindeiros 5 e 6 de maio cunha andaina de remate polo Casco histórico da Vila.

Estas xornadas seguen as liñas de actuación da ARI Combarro, neste caso o de poñer en relevancia o valor e función dos hórreos na creación e desenvolvemento da paisaxe cultural do conxunto histórico-artístico de Combarro. Reflexións e debate sobre o presente e futuro destas construcións adxectivas singulares.

PROGRAMA [PDF]

As Palleiras de Combarro - PROGRAMA


VENRES 5 MAIO

16:30 Presentación das xornadas debate “AS PALLEIRAS DE COMBARRO”

I Parte: o pasado

16:45 ARQUITECTURA DO PAN, ARQUITECTURA DO TERRITORIO E E DA VIDA | D. Andrés Dacosta. Redactor conferencia D. Rafael Vallejo. Asociación A Solaina

17:30 LÓXICA CONSTRUTIVA DO CONXUNTO HISTÓRICO | D. Francisco Guerra - Arquitecto Técnico

Pausa café

II Parte: o presente

18:45 ESTADO DE CONSERVACIÓN E USO DOS HÓRREOS | Persoal da Oficina Municipal de Rehabilitación

19:30 RETOS ACTUAIS | Mesa Redonda e coloquio conferenciantes

20:00 Peche da xornada


SÁBADO 6 MAIO

09:30 Apertura da xornada
09:45 A PERSPETIVA DOS/AS AXENTES IMPLICADOS/AS | Representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Concello de Poio, dos colexios profesionais, da Oficina da ARI e Propietarios/as dos hórreos* (*intervencións máximo 15 minutos)

Pausa café

III Parte: ¿o futuro?

11:30 CONCLUSIÓNS/PROPOSTAS/ACORDOS/IDEAS | Mesa Redonda e coloquio conferenciantes

12:30 ANDAINA “A ARQUITECTURA DO PAN” | Asociación A Solaina

14:00 Clausura das xornadas

Vindeiros Eventos

Sen eventos