A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais que celebra a chegada da primavera e adóitase celebrar o 1 de maio. A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

O próximo domingo 7 de maio o Concellería de Cultura do Concello de Poio celebra esta festividade con dous eventos, o primeiro na explanada da A Seca ás 11:00 horas celebrarase o Concurso de Maios onde se poderá admirar as obras de tódolos participantes, tras as actuacións dos maios,  haberá actuacións musicais durante a deliberación do xurado, y posteriormente procederase á entrega de premios conforme ás Bases do Concurso.

Posteriormente ás 17:30 horas, na Praza da Chousa haberá un certame de maios ( non concurso) onde se obsequiará a tódolos participantes, 200 euros de premio e unha rosca.

Convidamos a participar desta ancestral tradición a toda a veciñanza.

BASES DO CONCURSO [PDF]

Trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (punto quilométrico 8+190 a 11+890), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/16/102.06)

Anuncio Información Pública e Anexos

Anuncio DOG - Nº 77 Venres, 21 de Abril de 2017

Documentación completa

Máis Información

Noemi Sartal Loira, veciña de Poio alzouse co primeiro posto na Gala Nacional do certame Showstars Spain 2017 que tivo lugar o 30 de Abril de 2017 en Madrid. Deste xeito o Sr. Alcalde, Luciano Sobral Fernández fará unha Recepción Institucional como recoñecemento a Noemí Sartal Loira este xoves 4 de maio na Casa do Concello, ás 20:30 horas.

 

A Corporación de Poio manifesta a súa tristura e pesar polo naufraxio da embarcación Nuevo Marcos acontecida na madrugada deste 26 de abril de 2017 cando faenaban enfronte da costa de Combarro, accidente no que falereron tres dos seus tripulantes.

Trasladamos así o noso fondo e máis sentido pésame, en nome de todo o Concello, en primeiro lugar, ás familias Ligero Abilleira, Carballa Viñas e Castiñeira Sabarís, aos seus compañeiros e en xeral a todo o colectivo do mar. Asimesmo mostramos o noso apoio aos dous superviventes desta lamentable traxedia Adrian e Carlos, aos que lle trasladamos todo o noso agarimo. Queremos mostrar o noso agradecemento aos efectivos e particulares que participan no operativo de rescate das vítimas e dos falecidos.

De forma unánime por todos/as concelleiros/as presentes, o Pleno desta Corporación, como testemuña da dor que provoca a toda a veciñanza este dresgraciado suceso, acorda declarar tres días de loito oficial nos que se suspenden todos aquéles actos instituicionais non ligados ao funcionamento mínimo imprescindible das actividades desta entidade local. Asemade, está habilitouse na web do Concello de Poio un Buzón de Condolencias que se lle farán chegar ás familias das víctimas.

 

 

 

Vindeiros Eventos

10 Feb 2018
08:00 PM - 12:00AM
Enterro do Galo Fodorico - San Xoán
25 Feb 2018
12:30 PM -
Enterro do Mexilón - Combarro
25 Feb 2018
05:00 PM -
Enterro do Galo Bruxo - Samieira
25 Feb 2018
08:00 PM -
Poio Escena - Ubú
03 Mar 2018
07:30 PM -
Enterro do Berberecho - San Salvador