A Concellaría de Cultura ven organizando o Ciclo de Teatro Poio Escena dende 2010. O ciclo ampliouse na súa terceira edición, cunha programación de 12 representacións ao longo do ano (como mínimo, xa que se contemplan as representacións "bonus"), unha vez ao mes, distribuídas entre Raxó (Centro Cultural Xaime Illa), Samieira (Casa do Pobo de Río de Bois) e Combarro (Salón de Actos da Comunidade de Montes), en colaboración coa SCD Raxó, a SCD Samieira e a ACDeM Armadiña de Combarro, as Comunidades de Montes Rega do Can de Samieira e Rega dos Agros de Combarro, que ceden as súas instalacións para levar a cabo as representacións nestas localidades.

Don Fodorico Augusto Bastante sacudiu as cinsas do ano pasado e xa loce a súa plumaxe en Poio. ¡Chegou o Entroido! E este ano ven cargadiño de actividades para as crianzas e os adultos por todo o municipio. Porque o Entroido e algo para desfrutar todos xuntos. ¿Xa tes o teu disfrace? Seguro que sí. Pois apúntate no concurso do Desfile de Entroido 2018. Podes facelo de xeito individual, en parella ou con amigos, porque moitos premios están agardando por vos. Podes inscribirte na Casa Consistorial do 1 de febreiro ao 8 de febreiro, de 8:30 a 14:30 horas.

Xa está dispoñible toda a programación para o 1º Semestre de 2018 do Programa de Formación promovido pola Concellería de Promoción Económica. Cunha ampla oferta os cursos actualmente programados que irán de Xaneiro a Xuño, toda a veciñanza terá mellores oportunidades de formación e acadarán unha meirande competitividade no mercado labora. As datas serán aproximadas en función dos grupos. Pode descargar o Programa Completo.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo vai celebrar varias xornadas de difusión sobre as  AXUDAS LEADER 2014-2020: ANUALIDADES 2018/19. O Luns 29 de xaneiro ás 20:00 h. no salón de plenos do concello de Poio e co apoio da Concellería de Promoción Económica falarase da tipoloxía de proxectos e investimentos subvencionables, dos requisitos, baremo, etc. necesarios para ser beneficiario das axudas da medida LEADER dentro do PDR de Galicia 2014 a 2020. Se tes algunha iniciativa, proxecto ou idea de emprendemento, convidámoste a participar nesta xornada de difusión.

Vindeiros Eventos