Xa está dispoñible toda a programación para o 1º Semestre de 2018 do Programa de Formación promovido pola Concellería de Promoción Económica. Cunha ampla oferta os cursos actualmente programados que irán de Xaneiro a Xuño, toda a veciñanza terá mellores oportunidades de formación e acadarán unha meirande competitividade no mercado labora. As datas serán aproximadas en función dos grupos. Pode descargar o Programa Completo.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo vai celebrar varias xornadas de difusión sobre as  AXUDAS LEADER 2014-2020: ANUALIDADES 2018/19. O Luns 29 de xaneiro ás 20:00 h. no salón de plenos do concello de Poio e co apoio da Concellería de Promoción Económica falarase da tipoloxía de proxectos e investimentos subvencionables, dos requisitos, baremo, etc. necesarios para ser beneficiario das axudas da medida LEADER dentro do PDR de Galicia 2014 a 2020. Se tes algunha iniciativa, proxecto ou idea de emprendemento, convidámoste a participar nesta xornada de difusión.

Don Fodorico Augusto Bastante sacudiu as cinsas do ano pasado e xa loce a súa plumaxe en Poio. ¡Chegou o Entroido! E este ano ven cargadiño de actividades para as crianzas e os adultos por todo o municipio. Porque o Entroido e algo para desfrutar todos xuntos. ¿Xa tes o teu disfrace? Seguro que sí. Pois apúntate no concurso do Desfile de Entroido 2018. Podes facelo de xeito individual, en parella ou con amigos, porque moitos premios están agardando por vos. Podes inscribirte na Casa Consistorial do 1 de febreiro ao 8 de febreiro, de 8:30 a 14:30 horas.

XXVI Edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto - Bases

 1)- Ámbito xeográfico

  • Ata 18 anos: será requisito ter empadroamento no Concello  de Poio  ou  matricula nun centro educativo de Poio
  • De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica sempre que se cumpran as demais normas do concurso.

Vindeiros Eventos

22 Xun 2018
09:00 PM -
Pregón San Xoán 2018
23 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Noite de San Xoán
23 Xun 2018
04:00 PM - 08:00PM
II Aberto de Billarda - San Xoán 2018
24 Xun 2018
08:00 AM -
Ruta dos Muíños - Poio Móvese
24 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Domingo