Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

O plan termal da Deputación "Depotermal" 2018 pon en marcha dous programas:

No ano 2017, con motivo do “Ano do Bosque de Colón” e a Conmemoración Oficial dos 25 anos do Bosque das Sequoias en Poio, a Concellería de Cultura e Festexos, desenvolve un proxecto de dinamización de espazos públicos  #dinamizapoio. Na súa primeira fase (Outubro-Novembro do 2017), centrase na posta en valor do Bosque das Sequoias e a Casa Museo de Colon, permitindo aos escolares, colectivos e ao público familiar gozar da nosa localidade así como por en valor a nosa historia, atendendo a nosa diversidade patrimonial (material e inmaterial) e en aras de cubrir unha necesidade cultural e de divulgar a nosa historia patrimonial, etnográfica, etc.

A Fundación Humana e a Concellaría de Benestar Social estiveron detrás da organización duns talleres que consistiron en elaborar ou ben una bolsa ou ben unha unha marioneta a partir de material reutilizado.  O  principal obxectivo é difundir a importancia da prevención de residuos e a  reutilización do textil usado,  a súa relación coa sostenibilidade global, a protección do medio ambiente e a  cooperación ao desenvolvemento.

O 31 de outubro de 2017 o Pleno do Concello de Poio acordou a proposta de solicitude da desafectación da Illa de Tambo, e deste xeito se puxo de manifesto a vontade política de inicio dos trámites para a súa desafectación e posterior transmisión da titularidade ao Concello de Poio. Para elo se propón a solicitude dos informe sobre a situación xurídica actual da Illa de Tambo ós Ministerios de Defensa, Economía e Facenda e Patrimonio Xeral do Estado sobor do estado actual e as posibilidades de desafectación.

Vindeiros Eventos

17 Nov 2018
11:00 AM -
Cinema e Muller