A Concellería de Patrimonio a través da ARI de Combarro acaba de iniciar os trámites precisos para a solicitude de participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e nas que a financiación autonómica e estatal supera os 38,4 millóns de euro. Tras a publicación o pasado 17 de agosto no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Concellería de Patrimonio a través da ARI Combarro solicitará como en plans anteriores, a súa participación e inclusión no reparto dos fondos previstos.

Como novidade neste novo Plan de Vivenda, o importe das axudas ascenderá ata o 40 % do custe subvencionable de actuación cunha achega de 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e 1.000 euros máis se a vivenda ou edificio atópase catalogado ou declarado como BIC. Este límite poderá alcanzar o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. Ademáis haberá que engadir os importes correspondentes das axudas autonómicas, de ata 4.000 euros por vivenda ou do edificio, sen que a subvención exceda do 10 % do orzamento protexido.

Dado que en función das solicitudes presentadas polos concellos con áreas de rehabilitación declaradas a Xunta realizará o reparto dos fondos dispoñibles para os próximos catro (4) anos, a Oficina de Rehabilitación desexa garantir que toda a veciñanza interesada en realizar obras na súa vivenda ou edificio dentro da ARI Combarro poida informarse de forma previa destas axudas e se o desexa inscribirse como posible solicitante.

Neste sentido e como mostra do traballo que se leva a cabo dende a Oficina de Rehabilitación, o Concelleiro de Patrimonio Xulio Barreiro xunto coa técnica da ARI Combarro Verónica Castiñeira, convocan para este mércores día 5 de setembro ás 20:30 da tarde na Escola de Campo unha reunión informativa sobre as liñas xerais de actuación nas vivendas, requisitos e custos subvencionables, e como novidade a incluír en vindeiras convocatorias, as axudas aos edificios de residencial colectivo. Ao remate da xornada, as persoas que o desexen poderán inscribirse na base de datos para a súa inclusión no programa de axudas así como recibir calquera outro tipo de asesoramento que precise en relación ás mesmas.

Vindeiros Eventos

21 Set 2018
12:00 AM
Festa do Carme e Virxe de A Saleta - Raxó
21 Set 2018
07:00 PM - 10:00PM
Zona en Obras - Festa Fin de Verano
21 Set 2018
09:00 PM - 10:30PM
Poio Escena - Abre a Porta
22 Set 2018
12:00 PM -
IV Xogos Tradicionais Armadiña
23 Set 2018
10:00 AM -
Ruta da Arte - Poio Móvese