Para evitar riscos e que todos e todas poidamos desfrutar dunhas inesquecibles Festas de San Xoán 2018, imos facer unha serie de recomendacións explícitas para realizar as FOGUEIRAS DE SAN XOÁN no noso municipio ás 00:00 h da noite do 23 ao 24 de xuño, xa que é unha festa local de arraigada tradición cultural.  Deste xeito temos que ter en conta:

  • Por mor da seguridade non fagan moreas dunha altura elevada.
  • Non fagan a fogueira preto de lugares con vexetación.
  • Con exceso de vento non prendan a fogueira.
  • Eviten usar nas fogueiras materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis...)
  • Procuren ter auga preto para actuar ante posibles escapes.
  • Non utilicen na fogueira materias contaminantes (neumáticos, aerosois...)
  • Deixen a fogueira completamente apagada antes de marchar.
  • Lembre que en caso de ter problemas debe chamar ó 085 ou 112 ( a chamada é gratuíta).

Ademais, de acordo a lexislación vixente, atenderase ao seguinte:

Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunca franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.

Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e a saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso se poderán realizar individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.

Feliz San Xoán 2018

Vindeiros Eventos

24 Xul 2018
07:00 PM - 11:00PM
Dia da Matria
18 Ago 2018
11:00 AM - 10:00PM
Exccape - Mercado Exclusivo