"O próximo 12 de maio celebrarase unha nova edición do Maratón de Fátima en Campelo, e xa van 31! O evento constará dunha andaina popular, unha proba para os máis cativos e culminará coa carreira absoluta cun percorrido de 6,4 km polas rúas de Campelo, con saída e chegada dende a Praza da Granxa.Haberá tamén zumba e diversas actividades deportivas para o lecer de todos.

As inscricións están abertas en www.championchipnorte.com"

[Percorrido]

Vindeiros Eventos