A OMIX informa sobre a campaña de verán da Xunta na que se incluén os campamentos dirixidos a rapaces e rapazas entre 9 e 17 anos, facilitando ás persoas interesadas a inscrición ou as solicitudes para participar na mesma.

Idades:

En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:

a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

Discapacidades:

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Adxudicación das prazas

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Solicitudes:

As solicitudes poden tramitarse en Sede Xunta cos seguintes códigos:

Solicitude individual: procedemento BS303A.

Solicitude múltiple: procedemento BS303F.

Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

procedemento BS303G para solicitude individual

procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

Prezo:

Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%

As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 18 de maio de 2018

Máis información: DOG do 25 de abril de 2018 | Acción de Verán | Anexos Acción de Verán

Tel.: 986 770 001 Ext. 1400

 

 

Vindeiros Eventos