Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

O plan termal da Deputación "Depotermal" 2018 pon en marcha dous programas:

  • Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos
  • Programa termal con pernoita

As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio
  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria

Xa poden solicitar praza facendo click no Formulario de Inscrición. Para calquera aclaración ou dúbida poderá poñerse en contacto co Servizo de Cohesión Social e Xuventude a través do teléfono 986 804 100 ou do seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vindeiros Eventos

Sen eventos