No ano 2017, con motivo do “Ano do Bosque de Colón” e a Conmemoración Oficial dos 25 anos do Bosque das Sequoias en Poio, a Concellería de Cultura e Festexos, desenvolve un proxecto de dinamización de espazos públicos  #dinamizapoio. Na súa primeira fase (Outubro-Novembro do 2017), centrase na posta en valor do Bosque das Sequoias e a Casa Museo de Colon, permitindo aos escolares, colectivos e ao público familiar gozar da nosa localidade así como por en valor a nosa historia, atendendo a nosa diversidade patrimonial (material e inmaterial) e en aras de cubrir unha necesidade cultural e de divulgar a nosa historia patrimonial, etnográfica, etc.

Nesta primeira fase visitaron o Bosque das Sequoias e a Casa Colón un total de 522 persoas entre escolares, colectivos e publico xeral do municipio e visitantes (Pontevedra, Soutomaior, Vilagarcía, Vigo, A Coruña, Bueu, Moaña, ) aínda así quedaron en lista de reserva 350 persoas que completaron a inscrición previa sen obter praza dispoñible. Por isto e debido a representatividade da iniciativa, establecese a continuación do proxecto de dinamización nunha segunda fase a desenvolver nos meses de Marzo e Abril do ano 2018 (pola posibilidade de garantir con maior probabilidade unhas condicións meteorolóxicas favorables). Ademais, de facer coincidente o desenvolvemento do mesmo coa posible visita do promotor do Bosque de Colón, parte significativa do proxecto, así como a ampliación a outros espazos públicos y/o naturais do Concello de Poio.

Os principais obxectivos deste proxento son a posta en valor do patrimonio material e inmaterial, a divulgación a nosa diversidade cultural e monumental e a promoción dos recursos turísticos municipais.

Deste xeito o proxecto DINAMIZAPOIO 2017-2018, contará co desenvolvemento das actividades citadas con anterioridade e a posibilidade da incorporación de novas ubicacións nun futuro próximo. Esta segunda fase do proxecto constará na súa segunda fase, que dará comezo en marzo e ata abril do 2018, de visitas guiadas para centros educativos do 11 ata o 20 de Abril, visitas teatralizadas para o público familiar ou colecgivos nas datas de 14-15 e 21 e 22 de Abril, Xornadas Didácticas “Ano do Bosque de Colon” no Monte Comunal. Iniciaranse coa realización de Sesións Didácticas para escolares nos Centros Educativos Públicos: Sesións na aula (50 mim) + unidade didáctica, para os grupos participantes nas visitas do 2017, dende 03 ata 10 de Abril do 2018.

Culminarase esta segunda fase ca reposición da Placa conmemorativa, con motivo do Día da árbore 2018, polo XXV Aniversario da Conmemoración Oficial dos 25 anos do Bosque das Sequoias en Poio. Pode facer a súa reserva a través de Concellería de Cultura e Festexos no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción e con preferencia a empadroados.