Hoxe, 9 de marzo, ás 20.15 horas, estrease no Casal de Ferreirós do documental “Vivencias de Muller” en homenaxe ás 5 mulleres que foron escollidas polo Consello Municipal da Muller na súa sesión do 31 de xaneiro de 2018, integrado por todas as asociacións de mulleres do municipio.

[VER PROMO VIVENCIAS DE MULLER 2018]

As cinco mulleres homenaxeadas son: Teresa Agís: unha muller que loitou contra o medo (a guerra, á represión e a viudedade sendo moi nova); Laura Villaverde: unha muller empresaria nun mundo de homes que aforrou sempre para invertir no seu negocio de hostelería “Casa Laura”; Peregrina Muñiz: unha muller que leva toda a vida coidando dos seus familiares maiores, como homenaxe ás mulleres coidadoras; María del Carmen Martinez; representa a valentía fronte á enfermidade mental. Non se agochou, loitou por darlle unha vida mellor ó seu fillo e a todos e todas os que a padecen; Angela Muñiz: pola búsqueda da supervivencia, traballou en todo o que se pode (ribeira, campo, bois, muiño) para sacar adiante ós seus.

Ao final do acto ofreceráse un viño á veciñanza que nos acompañe. Ao longo do mes estarán os carteis das homenaxeadas en tódolos mupis do Concello.

 

Vindeiros Eventos

22 Xun 2018
09:00 PM -
Pregón San Xoán 2018
23 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Noite de San Xoán
23 Xun 2018
04:00 PM - 08:00PM
II Aberto de Billarda - San Xoán 2018
24 Xun 2018
08:00 AM -
Ruta dos Muíños - Poio Móvese
24 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Domingo