Un ano máis, o centro social ( as concellarías de benestar social e mocidade) do concello de poio, pretende sumarse á celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz que foi o 30 de xaneiro. Coma sempre, dende hai 26 anos, celebramolo conxuntamente cos centros de primaria de Lourido, Isidora Riestra, Espedregada , Viñas e Chancelas.... e tamén estos últimos anos se suman os grupos de maiores que temos no programa Saudemente.

Este ano traballamos baixo o lema "A DESPENSA DAS PALABRAS MÁIS FERMOSAS" : toda a comunidade escolar  recolleu palabras fermosas e bonitas ( tamén valían expresións) e metéronlas en tarros de cristal .. como si  foran conservas. Logo cada centro escolar aproveitou algunha estanteria, caixas de froita....en fin elaboraron a súa despensa ao seu xeito.

Tamén porque é unha gran festa non pode faltar a música. En cada centro educativo entoamos este ano un tema dun grupo moi actual "Imagina" de Efecto Pasillo... que dice cosas tan bonitas como:  "...si tu lo deseas la luna camina....mido en sonrisas el tiempo....hoy quiero darle cariño a quien más lo necesita... imaginate que todo cambia si cambias tu....".A actividade finalizaou en cada centro escolar cunha aperta  de Paz. Porque a comunidade educativa e os maiores de Poio encántalles repartir apertas.  No Centro Social houbo unha despensa montada na entrada para a ocasión coas "conservas" realizadas polo alumnado das clases de memoria e tamén no Centro Escolas de Chancelas onde fixeron unha despensa-tenda.

E sempre coa firme convicción que como dice Eduardo Galeano: Moita xente pequena, en lugares pequenos,  facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo.

 

 

 

Vindeiros Eventos