Don Fodorico Augusto Bastante sacudiu as cinsas do ano pasado e xa loce a súa plumaxe en Poio. ¡Chegou o Entroido! E este ano ven cargadiño de actividades para as crianzas e os adultos por todo o municipio. Porque o Entroido e algo para desfrutar todos xuntos. ¿Xa tes o teu disfrace? Seguro que sí. Pois apúntate no concurso do Desfile de Entroido 2018. Podes facelo de xeito individual, en parella ou con amigos, porque moitos premios están agardando por vos. Podes inscribirte na Casa Consistorial do 1 de febreiro ao 8 de febreiro, de 8:30 a 14:30 horas.

PROGRAMACION ENTROIDO 2018


VENRES 9 MARZO | SAN SALVADOR- ENTERRO DO BERBERECHO

19:30  Saída de Costa Xiraldez ata o aparcadoiro de Lourido.
             Premios.


SÁBADO 18 MARZO | SAN XOÁN- ENTERRO DO GALO FODORICO
18. 00  Saída da Praza do Mosteiro ata Praza de Arís.
             VI FESTA DO CHOQUEIRO


VI FESTA DO CHOQUEIRO- BASES DO CONCURSO
SÁBADO 10 MARZO

1) Os premios do concurso adxudicaranse nas seguintes Categorías:

  • Individuais: premios nos respectivos apartados de Infantil e Adulto.
  • Parellas: premios nos respectivos apartados de Infantil e Adulto
  • Grupos (mínimo 5 persoas): premios nos respectivos apartados de Infantil e Adulto.

3) Todas ás inscricións serán na Casa Consistorial o día 10 de marzo ata as 20:00 horas.

Organiza: Asociación Ronsel

Colabora: Concellería de Cultura e Festexos.

 

Vindeiros Eventos

24 Xul 2018
07:00 PM - 11:00PM
Dia da Matria