O GALP Ría de Pontevedra inicia unha nova campaña de promoción e difusión das axudas ao abeiro da “ORDE do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020” na cal o Concello de Poio colaborara organizando unha charla informativa.

O GALP Ría de Pontevedra quere informar aos promotores e entidades interesadas en levar a cabo un proxecto no seu territorio (concellos de Bueu, Marín, Meaño, Poio, Pontevedra e Sanxenxo) , polo que o vindeiro luns 22 de xaneiro ás 20:00 h no salón de plenos do Concello de Poio, a xerente do GALP informará sobre as axudas a proxectos, cuantías máximas de financiación, procedementos, etc. e se expondrán casos de éxito a modo de exemplo.

Para o ano 2018, o GALP dispón, inicialmente, dun total de 557.203,56 euros para proxectos produtivos (de empresa) e 300.032,68 euros para proxectos non produtivos (non xeneran actividade económica) o que fai un total de 857.236,24 euros para o desenvolvemento e dinamización sostible da zona marítima pesqueira da ría e a súa área de influencia (partida orzamentaria publicada no DOG do 4 de xaneiro de 2018).

Dende aquí, o GALP Ría de Pontevedra quere animar a todo aquel con algunha idea que queira chegar a desenvolver no seu territorio, a informarse sobre a próxima convocatoria de marzo 2018.

Vindeiros Eventos

24 Xul 2018
07:00 PM - 11:00PM
Dia da Matria