Percorrido #SaúdaReis | 11:00 horas

As S.S.M.M. Os Reis Magos de Oriente chegan a Poio o día 5 de xaneiro, e como non podería ser doutro xeito, a súa Comitiva Real arrincará ás 11:00 da mañá na Casa Rosada visitando diferentes puntos do Concello en coches clásicos para rematar na carpa navideña da "Burbulla do Nadal" instalada en A Seca, onde as crianzas poderán facerse fotos cos reis, entregar as súas cartas e recibir caramelos e agasallos. Ás 12:45 hrs. procederase á entrega dos premios do concurso de Tarxetas de Nadal do Consello Municipal de Cultura. Os dispositivo especial contempla diversos espacios de aparcamento en A Seca.

O percorrido terá parada en varios puntos do noso concello, e xa está dispoñible o mapa interactivo cas paradas e percorrido da Comitiva Real.

 

Cabalgata de Reis| 18:00 horas  

Pola tarde a partír das 18:00 horas terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis que terá a súa saída na Avda. San Xoán (Costa de Alvar) e a súa chegada aproximada ás 19:00 horas na Avda. Porteliña ( Adro San Salvador). Xa está dispoñible tamén o mapa interactivo co plano da Cabalgata e o dispositivo policial para este evento.

A Policía Local pechará ao tráfico a PO308 cun operativo especial que garantirá a seguridade de todos no  percorrido da cabalgata en circuíto pechado que sairá da Avda. San Xoán ( Costa de Albar) con dirección Avda. de Encoirados e chegada a Avda. Porteliña en San Salvador de Poio. O tramo estará pechado o tráfico dende as 17:30 horas permitindo ata esa hora o estacionamento en todo o tramo. Os vehículos que se atopen estacionados en ambas marxes do percorrido non poderán saír ata o remate da cabalgata, como medida de seguridade.

Para garantir a circulación rodada, os vehículos que circulen de Sanxenxo con dirección Pontevedra serán desviados na rotonda de As Bardancas (O Remo) cara a VG4.8 e os vehículos que circulen dende Pontevedra cara a Poio serán desviados na rotonda Pazo Besada cara Lourido, Campelo ou AP9, habilitando así itinerarios alternativos. Recoméndase que aqueles vehículos que circulen desde Pontevedra ou Vilagarcía con dirección Sanxenxo utilicen a VG4.8. O corte da PO308 estará debidamente sinalizado e regulado por axentes da Policía Local.

Para o desenrolo do operativo cóntase coa colaboración de Protección Civil e Servizos Operativos do Concello. A Concellería de Seguridade Cidadá, Cultura e Policía Local e mailos organizadores do evento, fan un chamamento a veciñanza para desfrutar dun día máxico para os mais cativos e os non tan cativos.

Vindeiros Eventos

22 Xan 2018
08:00 PM - 09:00PM
Charla Convocatoria Axudas 2018