Como o prometido é débeda, esta 1eira fase do proxecto Dinamiza Poio rematará o vindeiro 30 de decembro cunha sorpresa moi especial, Os Bolechas visitarán Poio, para presentar o seu espectáculo “Un Conto de Nadal”.

O Centro Cultural Xaime Illa recibirá a estes divertidos bonecos a partir das 19:00 horas, se queres acudir a ver o espectáculo solicita a túa entrada no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Dado que o aforo será limitado e terán preferencia a veciñanza do noso municipio, ábrese un prazo de inscrición previa dende mañá xoves 23 de novembro ate o 21 de decembro ás 14:00 horas.

A data de recollida das entradas xa confirmadas será o 27 de decembro no Concello de Poio (departamento de cultura) de 10 a 14 horas.

Vindeiros Eventos

21 Abr 2018
08:30 PM -
En Venda - Poio Escena
22 Abr 2018
10:00 AM -
Ruta da Memoria - Poio Móvese
23 Abr 2018
10:00 AM - 08:00PM
Dia do Libro - Exposición Anatomía do Libro
26 Abr 2018
05:30 PM - 06:30PM
GaliciaLe - Charla Informativa
27 Abr 2018
05:30 PM -
Obradoiro - Como se fai un album ilustrado?