Programa

A Policía Local de Poio coordina o Programa Axente Titor, un servizo da Policía Local ao que se destinan axentes especializados na promoción dos dereitos da infancia, polo que a súa intervención concéntrase no ámbito da protección do menor e a prevención no entorno escolar.

Dende esta perspectiva, o programa preséntase como un recurso máis para apoiar á comunidade educativa, na estreita coordinación co resto de profesionais da rede de recursos municipais.

Unha das funcións principais dos axentes titores é a protección no entorno escolar e a resolución dos conflitos que poidan xurdir dentro do mesmo, en coordinación co resto de servizos que traballan con menores de idade e servindo de enlace coas familias.

As actuación serán no propio centro escolar e en medio aberto tal e como especifica o programa. Tamén se farán actuacións no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, actuacións en materia de medio ambiente, seguridade viaria, consumos, atención o acoso escolar, actividades de educación viaria, charlas informativas, preventivas e orientativas, simulacros de evacuación, tenza de sustancias, mellora dos entornos escolares e campañas de prevención.

Vindeiros Eventos

22 Xan 2018
08:00 PM - 09:00PM
Charla Convocatoria Axudas 2018