PROGRAMA

O programa "Tecendo lazos" 2017 da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través

dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Nesta actividade poden participar persoas entre 10 e 99 anos está pensada para que as familias teñan a posibilidade de disfrutar xuntas: avos-avoas, pais-nais e fillos-fillas.

A posibilidade de pasar unha tarde de sábado diferente, construindo xoguetes con material de refugallo , fomentando a comunicación nas familias e dándolle valor á sabiduría dos nosos maiores.

É unha actividade gratuita.

OBRADOIRO XOGUETES CREATIVOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Data e Horario: Os Sábados de 17:00 a 19:45h (Do 28 de Outubro ao 2 de Decembro)

Lugar de Impartición: Biblioteca da Finca Besada

+INFO E INSCRICIÓNS:

Prazo de Inscrición: Do 27 de Setembro ao 17 de Outubro

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tel. 986 770 001 Ext. 1408

Vindeiros Eventos

30 Dec 2017
07:00 PM - 10:00PM
Os Bolechas - “Un Conto de Nadal”
02 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Os Piñeiriños
03 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Globotolo
04 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Obradoiro música electrónica
05 Xan 2018
11:00 AM - 05:00PM
Día de Reís - #saúdoReis