A “Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio”, inaugurada na pasada primaveira no Casal de Ferreirós, trasládase ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. A exposición que recolle o traballo levado a cabo por Beunaventura Aparicio, Carmen Montero e o Grupo García Alén sobre o arqueoloxía e patrimonio en Poio, poderá visitarse a partir do 29 de setembro en horario de tarde, de 16:30 a 21 :00 horas.

Nesta ocasión, a exposición complementaráse coa realización de visitas guías para alumnado de primaria (de 4 a 7 anos) dos centros educativos públicos do municipio. Preto de 140 nenos e nenas dos Ceips Lourido, Chancelas, Viñas e Espedregada disfrutaran das visitas guiadas a cargo de Buenaventura Aparicio e do obradoiro didáctico, que teñen preparado dende o Departamento de Dinamización Cultural do Concello. Sopa arqueolóxica para traballar a toponímia, obradoiro de pintura rupestre, arte en negativo “Stencil de man” , entre outras, permitirán as crianzas corberterse en verdadeiros arqueólogos recibindo un diploma que así o acreditará.

Estas visitas terán lugar os días 3,4 e 5 de outobro a partir das 9:30 horas. Así o presentaban, está mañá no Salón de Plenos do Concello de Poio, a Concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, acompañada dos representantes da SCD Raxó e Asociación de Galicia Histórica (colaboradoras) e do propio Buenventura Aparicio, quen unha vez mais, explicou o traballo arqueolóxicos e de investigación levados a cabo na década dos 80 e que se recolle nos tres bloques nos que se divide esta exposición.

BLOQUE 1:

  1. Os Inicios: Un Proxecto de investigación dende a escola

  2. Primeira xeira. Síntese da investigación arqueolóxica

    1. Arqueoloxía

    2. Idade Media

  3. Segunda xeira. Compilación do patrimonio inmaterial

  4. Terceira xeira. O patrimonio relixioso

  5. Divulgación:

    1. Conferencias

    2. Exposicións

    3. Audiovisuais

    4. Publicacións: libros, revistas e xornais.

BLOQUE 2:

  1. O Grupo Alfredo García Alén en Poio (1983)

    1. Escavacións:

      1. Mámoa de Monte de Mon

      2. Necrópole de San Martiño

    2. Arte rupestre

 BLOQUE 3:

  1. Audiovisuais

  2. Publicacións para consulta

Unha vez mais, a edil nacionalista quixo agradecer a Buenaventura Aparicio o feito de que tivese escollido ao Concello de Poio para facer este espectacular traballo, cedendo os mateirais e a colaboración precisa que deu como resultado a exposición que todos poderán visitar a partir deste venres, tras o acto inaugural que terá lugar ás 20:30 horas. Asemade, agradeceu a SCD Raxó, A. Galicia Histórica, ao Museo e a Deputación de Pontevedra polo apoio prestado e concidou a toda a veciñanza a visitar a exposición, asegurando que vale a pena adicar una anaco do noso tempo en descubrir parte da nosa historía, historía que mostra o noso pasado, que marca o noso presente e futuro.

Vindeiros Eventos

30 Dec 2017
07:00 PM - 10:00PM
Os Bolechas - “Un Conto de Nadal”
02 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Os Piñeiriños
03 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Globotolo
04 Xan 2018
05:00 PM -
A Burbulla do Nadal - Obradoiro música electrónica
05 Xan 2018
11:00 AM - 05:00PM
Día de Reís - #saúdoReis