Os controis aleatorios levados a cabo pola Policía Local de Poio, dentro da campaña da Dirección Xeral de Tráfico, entre os días 11 e 17 de setembro tiveron como finalidade verificar o correcto uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil. O corpo policial puido controlar preto de 1000 vehículos e verificou 225 co resultado de 5 denuncias, das que tres corresponden a condutores sen cinto e as outras dúas a menores que viaxaban sen un sistema de retención axeitado.

A estatística e moi boa tendo en conta que tan so un 0,4 % non cumpría a normativa. Os datos máis importantes recollidos nesta campaña corresponden a detección de un alto número de persoas que aínda que levaban sistema de retención non o utilizaban correctamente ou era pouco axeitado para a idade do neno, polo que se procedeu en estes casos a informar sobre a correcta colocación do sistema de retención infantil.

Outro aspecto importante do que a Policía local de Poio e consciente, e que para algunhas familias resulta difícil mercar un sistema de retención adecuado a idade dos seus fillos, debido os seus recursos económicos.Por este motivo, a Policía Local de Poio en colaboración cos Servicios Sociais do Concello de Poio poñen en marcha unha Campaña de Solidariedade Vial, na que se recollen sistemas de retención infantil (sillas, elevadores...) para poder entregarllas as familias que os necesiten e darlle a formación necesaria para un uso axeitado. Esta campaña dará comezo o día 25 de setembro e rematará o 25 de decembro.

Os sistemas de retención poderán ser entregados nas dependencias da Policía Local sita Praza Mosteiro, 1 - Poio, onde lles facilitarán unha ficha para deixar os seus datos e rexistrar a entrega, ou ben chamando ao 689 575 495

Os Bolechas visitan Poio - DinamizaPoio

O Concello de Poio, a través da Concellería de Cultura e Festexos, desenvolverá con motivo da vindeira edición da guía didáctica “Os Bolechas visitan Poio”, un proxecto cultural paralelo de dinamización de espazos que permitiran as persoas interesadas (cativos/as e nais/pais,etc...) facer un percorrido teatralizado pola Casa Museo de Colón e Bosque das Sequoias

Ler máis...

Concurso Tarxetas de Nadal 2017 - Bases

 Participantes:

- Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Poio, menores de 18 de anos, cun único traballo por autor/a.

Ler máis...

Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra

Os Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra

Ler máis...

Programa Tecendo Lazos

PROGRAMA

O programa "Tecendo lazos" 2017 da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través

Ler máis...

Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio

 

A “Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio”, inaugurada na pasada primaveira no Casal de Ferreirós, trasládase ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. A exposición que recolle o traballo levado a cabo por Beunaventura Aparicio, Carmen Montero e o Grupo García Alén sobre o arqueoloxía e patrimonio en Poio, poderá visitarse a partir do 29 de setembro en horario de tarde, de 16:30 a 21 :00 horas.

Ler máis...