A Policía Local de Poio inicia unha campaña de tenencia e posesión responsable de mascotas, co obxectivo de frear os comportamentos incívicos de quen non levan aos seus animais de compañía cos elementos de suxeición necesarios ou deixan os excrementos na vía pública. Os axentes prestarán especial atención ás infraccións comúns como non levar ao animal con correa e boceira, ou non recoller os excrementos do seu can. As infraccións da ordenanza municipal carrexan multas que poden oscilar entre 30 e 300 euros de contía, en función da gravidade do feito.

A policía tamén controla a tenencia e posesión dos cans de razas potencialmente perigosas, para que se cumpra a obrigatoriedade de levar posto a boceira na vía pública. Observarase que o propietario destes animais, tal e como establece a lexislación vixente, teña subscrito un seguro de responsabilidade civil, estea inscrito no rexistro de animais potencialmente perigosos e os propietarios conten coa correspondente licenza para a tenencia e posesión desta clase de cans.

INFRACCIÓNS LEI 1/93 DE 13 DE ABRIL DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE

  • A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública. INFRACCIÓN LEVE

  • O abandono de animais na vía pública. INFRACCIÓN GRAVE

 INFRACCIÓNS LEI 50/99 de 23 DE DECEMBRO DE TENENCIA DE ANIMAIS PONTENCIALMENTE PERIGOSOS

  • Ter cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza. MOI GRAVE

  • Deixar solto un animal potencialmente perigoso ou non adoptar as medidas necesarias para evitar a súa escapada ou extravío. GRAVE

  • Acharse o can potencialmente perigoso en lugares públicos sen boceira ou non suxeito con cadea. GRAVE

  • Omitir a inscrición no rexistro (REGIAC). GRAV

  • Incumprir a obrigación de identificar o animal. GRAVE

CONTÍAS

  • LEVE: De 150 a 350€

  • GRAVE: De 350,01 a 3.500€

  • MOI GRAVE: De 3.500,01 a 12.500€


REGULAMENTO DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E DE ANIMAIS SALVAXES EN CAUTIVIDADE

Anuncio BOP Nº 175 - Venres 10 de Setembro de 1999

 

Vindeiros Eventos

24 Xul 2018
07:00 PM - 11:00PM
Dia da Matria