- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.

- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Poio, 8 de agosto de 2017. Reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces é o obxectivo do novo proxecto no que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a colaborar coa Fundação Encontro en Mozambique, co deporte como ferramenta para conseguilo. A asociación de concellos e deputacións achegará 40.000 euros a esta iniciativa, orzamentada nun total de 51.524 euros, que se executará nun prazo de dous anos.

A través deste proxecto de cooperación internacional, ofreceranse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivará a participación e liderado das rapazas, favorecendo así a equidade de xénero. Ao tempo, formarase en educación para a saúde a un grupo de activistas que promoverán hábitos de vida saudables, co fin de diminuír a vulnerabilidade fronte o consumo de drogas e alcol, enfermidades cardiovasculares, sida, abandono familiar, desemprego, baixa autoestima, etc.

Para poñer en práctica a proposta, comezarase divulgándoa e identificando as persoas que coordinarán as actividades nas seis comunidades dos distritos de Boane e Namaacha onde se implementarán, no sur de Mozambique. Formarase tamén a 30 monitoras e monitores deportivos de entre 16 e 21 anos, mentres que as e os integrantes dos equipos terán entre 7 e 15 anos, o que suma un total de 468 beneficiarias e beneficiarios directos das actividades. O traballo realizarase en coordinación coas autoridades locais e implicando á veciñanza, de xeito que indirectamente chegará a preto de 17.500 persoas.

O exercicio físico considérase así unha ferramenta para mellorar a saúde, pero tamén para fomentar o crecemento persoal, as relacións sociais e o empoderamento das mulleres. Cada aldea contará cun equipo, que competirá en campionatos cuadrimestrais. Ademais, cada dous meses, organizaranse sesións de reflexión en grupo sobre diferentes temas de sensibilización e educación en valores, alén de implementar accións informativas e educativas sobre o terreo que poden tomar forma de visitas domiciliarias, palestras, teatro, etc.

O terceiro país máis pobre

Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o remate da guerra civil en 1992, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 185 entre os 187 países contemplados. A pobreza atinxe a tres de cada catro persoas, especialmente as mulleres, mentres que o VIH afecta a máis dun 10% da poboación. No entanto, existen numerosas iniciativas locais que están a loitar por reverter a situación, como aconteceu co anterior proxecto da Fundaçao Encontro e o Fondo Galego a prol da saúde infantil e materna, en sintonía coas liñas estratéxicas da entidade, que apostan por acentuar a colaboración cos países lusófonos, especialmente os da África máis empobrecida.

O Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solieradiedade está integrado por 90 concellos e as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede o seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidaridade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade chega en 2017 ao seu vixésimo aniversario.

Programa Festa do Mar 2017

MAPA DISPOSITIVO POLICIAL | DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO

23 MÉRCORES


13:00 |Cerimonia de inauguración coa apertura da Mostra Gastronómica e das exposicións no Peirao da Canteira -  Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

13:30 | Actuación de grupo folclórico

19:30 | Apertura da Carpa Gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

21:00 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

23:00 | Concerto de DAVID CIVERA. Praza da Chousa

Ler máis...

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE)

 

O pasado 9 de agosto abriuse o prazo para a solicitude de subvencións á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral de combarro (7ªFASE) cun total de 8.866,66€, co obxecto de completar o número de actuacións e crédito previstos. Esta 2ª convocatoria, rexerase, en xeral, polas bases da anterior convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ªFASE), publicada no BOPPO nº212 do 3 de novembro de 2015.

Ler máis...

XXXIV Semana Cultural "San Roque 2017"

Venres 11 de Agosto

21:00h Presentación e coroación das Raíñas das Festas e as súas Damas de Honra.

21:15h Presentación d@ Pregoeir@.

21:20h Pregón da XXXIV Semana Cultural "San Roque 2017" a cargo do director do Faro de Vigo, Juan Carlos Dasilva

21:30h Entrega de distincións: Mexilón de Ouro

Ler máis...

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.

- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Ler máis...

Poio tamén ten viño con Indicación Xeográfica Protexida

IGP Ribeiras do Morrazo é o novo selo de calidade vitivinícola de Galicia que engloba, ademáis do Concello de Poio, os de Bueu, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de setembro a resolución favorable para a creación desta Indicación Xeográfica Protexida, e agora comezan os trámites para o seu recoñecemento europeo.

Ler máis...