IGP Ribeiras do Morrazo é o novo selo de calidade vitivinícola de Galicia que engloba, ademáis do Concello de Poio, os de Bueu, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de setembro a resolución favorable para a creación desta Indicación Xeográfica Protexida, e agora comezan os trámites para o seu recoñecemento europeo.

Esta indicación xeográfica púxose en marcha por mor dun grupo de viticultores e elaboradores da zona do Morrazo e concellos limítrofes que querían distingui-los seus viños no mercado cun indicativo de calidade, segundo informa a Consellería de Medio Rural de Galicia, e que se aplicará ós viños brancos ou tintos elaborados exclusivamente cas variedades de uva cultivadas nestes municipios, e que se refiren ás uvas blancas de Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureira, Treixadura, Blanco lexítimo e Torrontés. No canto das uvas tintas, estarán ó amparo das variedades Brancellao, Caíño Tinto, Pedral, Espadeiro, Loureiro Tinto, Mencía e Souxón.

Os caldos obtidos con estas uvas son "frescos e suaves na boca, limpios, rechamantes con aromas francos nos que se aprecian as características proprias da materia prima da que proceden". Son viños de graduación alcoólica moderada, con aromas florais e frutais e cunha porcentaxe de acidez equilibrada.

 

 

 

Vindeiros Eventos

22 Xun 2018
09:00 PM -
Pregón San Xoán 2018
23 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Noite de San Xoán
23 Xun 2018
04:00 PM - 08:00PM
II Aberto de Billarda - San Xoán 2018
24 Xun 2018
08:00 AM -
Ruta dos Muíños - Poio Móvese
24 Xun 2018
10:00 AM - 03:00AM
San Xoán 2018 - Domingo