A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais que celebra a chegada da primavera e adóitase celebrar o 1 de maio. A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

O próximo domingo 7 de maio o Concellería de Cultura do Concello de Poio celebra esta festividade con dous eventos, o primeiro na explanada da A Seca ás 11:00 horas celebrarase o Concurso de Maios onde se poderá admirar as obras de tódolos participantes, tras as actuacións dos maios,  haberá actuacións musicais durante a deliberación do xurado, y posteriormente procederase á entrega de premios conforme ás Bases do Concurso.

Posteriormente ás 17:30 horas, na Praza da Chousa haberá un certame de maios ( non concurso) onde se obsequiará a tódolos participantes, 200 euros de premio e unha rosca.

Convidamos a participar desta ancestral tradición a toda a veciñanza.

BASES DO CONCURSO [PDF]

Programa Festa do Mar 2007

DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO

23 MÉRCORES


13:00 |Cerimonia de inauguración coa apertura da Mostra Gastronómica e das exposicións no Peirao da Canteira -  Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

13:30 | Actuación de grupo folclórico

19:30 | Apertura da Carpa Gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

21:00 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

23:00 | Concerto de DAVID CIVERA. Praza da Chousa

 

24 XOVES


13:00 | Apertura da carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira - Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

13:30 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

19:30 | Apertura da carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

19:30 | Espectáculo infantil FEDELLAS. Espazo ARMADIÑA KIDS FROIZ. Praza de San Roque

21:00 | Inauguración da 5ª MOSTRA DA CANCIÓN MARIÑEIRA na carpa gastronómica

21:30 | Curtametraxes. Proxección das curtametraxes gañadoras no II Concurso de Curtametraxes Armadiña. ESPAZO DIRECTO PETRONI. Praza da Rualeira.

23:00 | FESTIFOLK POIO concertos A VIVA VOZ coas actuacións de XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DO SALITRE e RADIO COS. Praza da Chousa

 

25 VENRES


13:00 | Apertura da Carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

             Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

              II Concurso de balcóns, patíns e solainas. Recinto Histórico de Combarro.

13:30 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

17:00 | Recepción das embarcacións tradicionais participantes na XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais

17:00 | Teatro na rúa. 8 MMTEATRO. Recinto histórico de Combarro

18:00 | Concerto infantil a cargo de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. Espazo ARMADIÑA KIDS FROIZ. Praza de San Roque

19:00 | Espectáculo de clown. PETER PUNK PAIASO. Espazo concertos Estrella Galicia. Praza da Chousa

19:30 | Apertura da carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

20:00 | Teatro na rúa. 8 MM TEATRO. Recinto histórico de Combarro

21:00 | Pasarrúas. OS QUEIMATASAS BATUCADA. Recinto histórico de Combarro

21:30 | Actuación do grupo ONTE E HOXE na carpa gastronómica

22:00 | Concertos Festival Armadiña Rock Estrella Galicia : BLUES DO PAÍS + BRINKADELIA TROUPE + HEREDEIROS DA CRUS + DAKIDARRÍA. Espazo Concertos Estrella Galicia. Praza de San Roque.

 

26 SÁBADO


Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

II Concurso de balcóns, patíns e solainas. Recinto Histórico de Combarro.

10:00 – 18:00 | Torneo de Kayak-polo “Vila de Combarro”. Peirao da Canteira

11:30 | Navegación libre das embarcacións tradicionais

12:00 – 14:00 | Obradoiros infantiles. Espazo ARMADIÑA KIDS FROIZ. Escola do Campo

12:00 | Presentación de Proxectos. Espazo conferencias Ecovidrio. O Peirao

12:00 | Pasarrúas. PINGUELA DE TERRA DE MONTES. Recinto histórico de Combarro

13:00 | Apertura da Carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

13:00 | Sesión vermú. SKARNIVALS. Espazo directo Petroni. Praza da Rualeira

3:30 | Visita guiada ás Embarcacións Tradicionais

13:30 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

16:30 h Regata da Pamplina a remos

16:30 h Concerto LEO ARREMECAGHONA. Espazo directo Petroni. Praza da Rualeira

16:30- 19:00 h Obradoiros infantiles. Espazo ARMADIÑA KIDS FROIZ. Escola do Campo

17:00 h Regata da Pamplina a vela

17:30 h Pasarrúas. FANFARRIA TAQUIKARDIA. Recinto histórico de Combarro

17:30 h Mesa redonda: “MULLER E MÚSICA”. Espazo conferencias Ecovidrio. O Peirao

18:30 h Concerto DELOMBAOS. Espazo Directo Petroni. Praza da Rualeira

19:00 h Pasarrúas FANFARRIA TAQUIKARDIA. Recinto histórico de Combarro

19:30 h Apertura da carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

19:30 h Circo na rúa. AS SIRCÓPATAS. Espazo concertos Estrella Galicia. Praza da Chousa

20:00 h Visita guiada ás Embarcacións Tradicionais (máx. 15 persoas)

20:30 h Concertos Festival Armadiña Rock Estrella Galicia: CARLA GREEN & THE DEAMONS + KITAI + RUXE RUXE + TALCO + DEF CON DOS + BALA. Espazo concertos Estrella Galicia. Praza da Chousa

21:30 h Entrega de premios das regatas da XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais. Carpa gastronómica. Peirao da Canteira

22:00 h Segunda xornada da 5ª MOSTRA DA CANCIÓN MARIÑEIRA na carpa gastronómica

 

27 DOMINGO


Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

II Concurso de balcóns, patíns e solainas. Recinto Histórico de Combarro.

11:00 h Navegación libre das embarcacións e conmemoración da XXII Concentración das Embarcacións Tradicionais

13:00 h Apertura da carpa gastronómica e das exposicións.Peirao da Canteira

13:15 h Entrega de premios do “II Concurso de balcóns, patíns e solainas”. Espazo directo Petroni. Praza da Rualeira

13:30 h Sesión vermú. SOUL BREAKERS. Espazo directo Petroni. Praza da Rualeira

13:30 h Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

17:00 h Clausura da XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais coa despedida das embarcacións ao longo da tarde

19:30 h Apertura da carpa gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

21:00 h Clausura da 5ª MOSTRA DA CANCIÓN MARIÑEIRA na carpa gastronómica.

22:00 h Actuación da ORQUESTRA CAPITOL. Praza da Chousa


ACTIVIDADES

XXII CONCENTRACIÓN DE EMBARCACIÓNS  TRADICIONAIS  do 25 ao 27 de agosto

5º MOSTRA DA CANCIÓN MARIÑEIRA  do 24 ao 27 de agosto

II CONCURSO DE BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS no recinto histórico de Combarro

Horarios de apertura da carpa gastronómica de 13:00 a 16:30 h e de 19:30 a 00:00 h

ZONA DE APARCADOIRO RECOMENDADA:  Explanada da Seca (San Xoán)

 

 

 

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE)

 

O pasado 9 de agosto abriuse o prazo para a solicitude de subvencións á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral de combarro (7ªFASE) cun total de 8.866,66€, co obxecto de completar o número de actuacións e crédito previstos. Esta 2ª convocatoria, rexerase, en xeral, polas bases da anterior convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ªFASE), publicada no BOPPO nº212 do 3 de novembro de 2015.

Ler máis...

XXXIV Semana Cultural "San Roque 2017"

Venres 11 de Agosto

21:00h Presentación e coroación das Raíñas das Festas e as súas Damas de Honra.

21:15h Presentación d@ Pregoeir@.

21:20h Pregón da XXXIV Semana Cultural "San Roque 2017" a cargo do director do Faro de Vigo, Juan Carlos Dasilva

21:30h Entrega de distincións: Mexilón de Ouro

Ler máis...

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.

- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Ler máis...

Poio tamén ten viño con Indicación Xeográfica Protexida

IGP Ribeiras do Morrazo é o novo selo de calidade vitivinícola de Galicia que engloba, ademáis do Concello de Poio, os de Bueu, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de setembro a resolución favorable para a creación desta Indicación Xeográfica Protexida, e agora comezan os trámites para o seu recoñecemento europeo.

Ler máis...