A Corporación de Poio manifesta a súa tristura e pesar polo naufraxio da embarcación Nuevo Marcos acontecida na madrugada deste 26 de abril de 2017 cando faenaban enfronte da costa de Combarro, accidente no que falereron tres dos seus tripulantes.

Trasladamos así o noso fondo e máis sentido pésame, en nome de todo o Concello, en primeiro lugar, ás familias Ligero Abilleira, Carballa Viñas e Castiñeira Sabarís, aos seus compañeiros e en xeral a todo o colectivo do mar. Asimesmo mostramos o noso apoio aos dous superviventes desta lamentable traxedia Adrian e Carlos, aos que lle trasladamos todo o noso agarimo. Queremos mostrar o noso agradecemento aos efectivos e particulares que participan no operativo de rescate das vítimas e dos falecidos.

De forma unánime por todos/as concelleiros/as presentes, o Pleno desta Corporación, como testemuña da dor que provoca a toda a veciñanza este dresgraciado suceso, acorda declarar tres días de loito oficial nos que se suspenden todos aquéles actos instituicionais non ligados ao funcionamento mínimo imprescindible das actividades desta entidade local. Asemade, está habilitouse na web do Concello de Poio un Buzón de Condolencias que se lle farán chegar ás familias das víctimas.

 

 

 

Os Bolechas visitan Poio - DinamizaPoio

O Concello de Poio, a través da Concellería de Cultura e Festexos, desenvolverá con motivo da vindeira edición da guía didáctica “Os Bolechas visitan Poio”, un proxecto cultural paralelo de dinamización de espazos que permitiran as persoas interesadas (cativos/as e nais/pais,etc...) facer un percorrido teatralizado pola Casa Museo de Colón e Bosque das Sequoias

Ler máis...

Concurso Tarxetas de Nadal 2017 - Bases

 Participantes:

- Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Poio, menores de 18 de anos, cun único traballo por autor/a.

Ler máis...

Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra

Os Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra

Ler máis...

Programa Tecendo Lazos

PROGRAMA

O programa "Tecendo lazos" 2017 da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través

Ler máis...

Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio

 

A “Exposición Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio Monumental en Poio”, inaugurada na pasada primaveira no Casal de Ferreirós, trasládase ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. A exposición que recolle o traballo levado a cabo por Beunaventura Aparicio, Carmen Montero e o Grupo García Alén sobre o arqueoloxía e patrimonio en Poio, poderá visitarse a partir do 29 de setembro en horario de tarde, de 16:30 a 21 :00 horas.

Ler máis...