O pasado 28 de marzo do corrente remataba o prazo de presentación dos traballos para participar na 25ª Edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Certificado que todos os relatos e poesías cumprían coas bases reguladoras deste concurso, a Concellería de Cultura e Festexos convoca o xurado, composto polos membros do Consello Municipal de Cultura, a unha xuntanza o vindeiro día 19 de abril para fallar os premios desta edición, na sesión ordinaria que terá lugar a partir das 20 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Ás e ós membros do xurado entregáronselles 136 traballos clasificados, 18 máis que no 2016, quedando todas as categorías e modalidades cubertas.

As categorías B ( de 9 a 11 anos) e categoría F ( de 18 anos en diante) son as máis numerosas, coa novidade de ser a poesía, nesta anualidade, a modalidade na que máis traballos se presentan.

No caso de ser preciso, o xurado contará co asesoramento, naquelas dúbidas que lles poidan xurdir, da escritora e poetisa, gañadora deste Concurso Literario, Tamara Andrés, para valorar a categoría F.

Os agraciados das categorías A, B,C e D recibirán un diploma acreditativo e un premio de 70€ por categoría e modalidade. As e os participantes das categorías E e F optarán a un premio económico de 90 e 300 € respectivamente, tanto en poesía como en relato.

Ditos premios entregaranse o próximo día 17 de Maio, nos actos principais que se organizan co gallo do Día das Letras Galegas, neste municipio.


OUTRAS ACTIVIDADES
A igual que o ano pasado, Poio vístese de gala no mes das Letras , organizando múltiples actividades dende as máis tradicionais, como A Carreira Popular pola Lingua, na que colabora a Concellería de Deportes e a SCD Raxó e o Poio Escena, como unha nova sesión do Cóntame un Conto e a exposición en homenaxe a Xaime Illa Couto, no 5º aniversario do seu pasamento. Que se poderá visitar no Centro Cultural que leva o seu nome durante todo o mes.

Asemade, dende o departamento de Cultura traballan na reedición da Revista “A Raxeira” que recompilará todos os traballos gañadores do Concurso Literario dende 1998 ata a actualidade e dun caderno onde o escritor de Raxó é o protagonista.


I Festival da Memoria con Arte

A Asociación RE-Creo, afincada no Concello de Poio, co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, están a organizar I Festival da Memoria con Arte.Trátase dun proxecto, cuxo obxectivo principal é lograr a implicación e a participación activa das persoas no coidado e desenvolvemento do seu patrimonio e que entre todos e todas sexan capaces de contribuír a crear un espazo-tempo de encontro e interrelación colectiva nun dos entorno mais privilexiados do Concello de Poio, O Parque da Memoria.

Ler máis...

Actividades Benestar Social e Mocidade Verán 2017

Este verán poderás desfrutar dunha chea de actividades tanto para os adultos como para a mocidade no noso concello. Este ano amplíase a oferta. Para inscripcións ou información enviade un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número 986 770 001, Ext. 1408, 1405.

Ler máis...

Actividades Deportivas Verán 2017

Oferta de actividades deportivas para este verán no Concello de Poio. ¡Non quedes na casa¡

Ler máis...

XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

Entre os días 29 de xuño e 2 de xullo do presente ano celebrarase en Combarro-Poio a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante por distintos portos de Galicia, é unha dasas manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na península Ibérica.

+ INFO
Descargar Programa [PDF]
Ler máis...

Calendario Fiscal 2017

Aprobación do Calendario Fiscal 2017 [PDF]