Os hábitos que imos adquirindo ao longo da nosa vida son fundamentais para previr posibles enfermidades e desfrutar da vida plenamente. Tendo en conta que somos o que comemos, dende a Concellería de Sanidade e Saúde, que dirixe o nacionalista Xose Lodeiro, van por en marcha un programa de alimentación saudable. Este curso, impartido pola graduada en Nutrición Humana e Dietética, Monse Torres, ten como obxectivos xerar a sensación de capacidade e aumentar o empoderamento facendo as persoas coñecedoras de como alimentarse correctamente.

Ao longo de 12 sesións (Marzo-Xuño 2017), mediante ferramentas audiovisuais, dinámicas grupais e individualizadas, etc... coñeceremos o noso estado nutricional, enfermidades que derivan dunha inadecuada alimentación, falsos mitos alimentarios, técnicas para aforrar na cesta da compra, taller sobre o etiquetado dos alimentos, elaboracións de menús, .....  O curso impartirase os venres en sesión de dúas horas de duración (de 17 a 19 h) no Locais Municipais de A Reiboa (A Seca).

Máis información e inscrición nas oficinas municipais e no teléfono 986770001.

Máis información

Video Programa

I Festival da Memoria con Arte

A Asociación RE-Creo, afincada no Concello de Poio, co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, están a organizar I Festival da Memoria con Arte.Trátase dun proxecto, cuxo obxectivo principal é lograr a implicación e a participación activa das persoas no coidado e desenvolvemento do seu patrimonio e que entre todos e todas sexan capaces de contribuír a crear un espazo-tempo de encontro e interrelación colectiva nun dos entorno mais privilexiados do Concello de Poio, O Parque da Memoria.

Ler máis...

Actividades Benestar Social e Mocidade Verán 2017

Este verán poderás desfrutar dunha chea de actividades tanto para os adultos como para a mocidade no noso concello. Este ano amplíase a oferta. Para inscripcións ou información enviade un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número 986 770 001, Ext. 1408, 1405.

Ler máis...

Actividades Deportivas Verán 2017

Oferta de actividades deportivas para este verán no Concello de Poio. ¡Non quedes na casa¡

Ler máis...

XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

Entre os días 29 de xuño e 2 de xullo do presente ano celebrarase en Combarro-Poio a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante por distintos portos de Galicia, é unha dasas manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na península Ibérica.

+ INFO
Descargar Programa [PDF]
Ler máis...

Calendario Fiscal 2017

Aprobación do Calendario Fiscal 2017 [PDF]