¿Que é a OMIX?

É un servizo municipal que está a disposición de todo o colectivo xuvenil ubicado, na actualidade, no Centro Social de Poio (“Casa Rosada”)

¿A qué nos adicamos?

Facilitamos @s xoves de Poio e arredores toda a información que precisen en materia laboral, de vivenda, formación, bolsas, actividades de ocio,etc.

TAREFAS

  • Atención a tódalas demandas que entren na propia Oficina-OMIX.
  • Procura, catalogación e organización da información de interese para a xuventude (existen uns taboleiros informativos coa mesma, distribuida por áreas, á vista d@s usuari@s).
  • Información, orientación e asesoramento @s xoves nas súas demandas, mediante atención personal.
  • Organización e xestión de proxectos, sexan propios ou en colaboración con outras entidades: Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Asociacións veciñais e culturais.....
  • Apoio e asesoramento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
  • Preparación, desenvolvemento e avaliación de accións no marco da educación non formal dirixidas a xoves: clases de preparación para a obtención do graduado en secundaria, programa de formación de hábitos saudables, prevención de drogodependencias, habilidades sociais, educación afectivo-sexual,...
  • Tramitación do carné xove e información sobre outro tipo de carnés de interese para a mocidade: estudante, alberguista....

 Información sobre os seguintes temas:

  • Educativos: bolsas, cursos, centros de ensino, residencias, ciclos medios e superiores, universidade, ensinanza de adultos, idiomas...
  • Axudas e Subvencións
  • Premios e Concursos
  • Traballo: bolsa de emprego, boletíns e enlaces de información sobre emprego, oposicións, acciones AFD, redacción de curriculo, curriculo e novas tecnoloxías......
  • Tempo Libre: Campaña de Verán, Campamentos Deputación, Campos de Traballo, Albergues, Viaxes, Sendeirismo, etc.
  • Vivenda: Renda de Emancipación, Bolsa de Aluguer, Créditos, etc.
  • Información sobre programas diversos da Xunta: Vive a Neve, Coñece Galicia, Xuventude Galicia-Net, Xuventur, Roteiros para a Xuventude, etc.
  • Formación: Organízanse cursos ao longo do ano coa intención de facilitarlle @s participantes unha mellora no seu curriculo coa intención de que sexa máis doado acceder ao mundo laboral.

Actividades Xuvenís

CLASES DE PREPARACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN SECUNDARIA

XESTIÓN E INFORMACIÓN DAS CAMPAÑAS DE VERÁN DA XUNTA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

ACTIVIDADES E TALLERES DIVERSOS NO IES DO CONCELLO. Cóntase para elo coa estreita colaboración da Dirección do IES, co que vimos traballando hai moitos anos. No actual momento estase a impartir o programa "Os Oficios", talleres nos que se traballa , unha vez por trimestre co alumnado de 2º da ESO e que constan dunha parte teórica e outra práctica coa intención de dar a coñecer oficios artesanais, hoxe en día en desuso, e aprender o respecto polas tradicións. Campaña carné xove para o que se desplaza ata o IES a informadora xuvenil, previa realización dunha campaña publicitaria, para facer o carné xove a todo o alumnado que así o requira. Campañas de prevención temáticas: día mundial da sida, campañas medioambientais: o recilaxe, campaña anticonsumismo, educación vial......

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE CURSOS FORMATIVOS como: primeiros auxilios, monit@r de comedor escolar, monit@r de transporte escolar, curso oficial de monit@r de tempo libre, atención en centros xerontolóxicos....

ORGANIZACIÓN DE TALLERES E OBRADOIROS DE OCIO: maquillaxe, fimo, coiro, bisutería, talleres musicais....

SÁ DE ESTUDIO OU LECTURA

4 ORDENADORES CON CONEXIÓN A INTERNET a disposición dos/as usuarios/as