O municipio de Poio conta con tres portos pesqueiros, nas parroquias de Raxó, Covelo, Campelo e Combarro e esta última parroquia ten ademáis un porto deportivo de recente construcción.

Porto de Combarro | WEB | GPS

Porto de Raxó | WEB | GPS

Porto de Campelo | WEB | GPS

Porto de Covelo | WEB | GPS

Autobús

Actualmente a empresa Monbús cubre a liña Pontevedra(Estación de Autobuses) - Sanxenxo(Estación de Autobuses) con paradas en tódolos puntos principais (Combarro, Raxó, etc)  da estrada PO-308 que percorre o Concello de Poio.

Vehículo particular

Desde Vigo | Consultar ruta GPS

Vigo atópase a algo máis de 30 km, e está unido a Pontevedra pola autopista AP-9. Unha vez máis, teremos que tomar a PO-308 para chegar ao noso destino en Poio.


Desde Santiago de Compostela | Consultar ruta GPS

Poio atópase a uns 65 km. Pola autopista AP-9 chégase ata Pontevedra, e logo pola PO-308 ata Poio.


Desde A Coruña | Consultar ruta GPS

Hai unha distancia de 137km aproximadamente. Chégase pola AP-9 a Pontevedra e desde alí, pola PO-308 ata Poio.


Desde Lugo | Consultar ruta GPS

A distancia é de case 195 km. Tamén hai que tomar a autopista AP-9 ata Pontevedra e logo a PO-308 ata Poio.


Desde Ourense | Consultar ruta GPS

Hay aproximadamente 120km. Tómase a autopista AP-53 ata Vigo, logo a AP-9 ata Pontevedra, e por último, a PO-308 ata Poio.

O Aeroporto de Vigo, está a tan so 30 minutos pola autopista AP-9, e mantén liñas regulares con Barcelona, Bilbao, Madrid e Valencia, Bolonia, Londres, Ibiza , etc.

O Aeroporto de Santiago, atópase aproximadamente a unha hora de distancia, tamén seguindo a autopista AP-9. Mantén voos regulares coas seguintes cidades españolas: Barcelona, Bilbao, Lanzarote, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza. En canto a voos internacionáis, une Santiago con Frankfurt, Londres, París e Roma.

Aeroporto Vigo | WEB | Tel. 986 268 200

Aeroporto Santiago | WEB | Tel. 981 547 500

 

 

Go to top