No ano 2009 naceu a Casa de Cultura de Poio, como Casa de Cultura Xaime Illa Couto. Expresa esta denominación o agradecemento deste municipio pola importante labor desenvolvida por D. Xaime Illa Couto, vinculado sempre á veciñanza da parroquia de Raxó, lugar onde residiu, persoa sobranceira na historia da cultura galega, cofundador xunto a Ramón Piñeiro da editorial Galaxia, fundador da revista Grial e da publicación SEPT (editora de textos litúrxicos e teolóxicos) e fundador e director da Revista de Economía de Galicia, autor de numerosos estudios e traballos, membro da Real Academia Galega, galardoado coa medalla Castelao... En resumo, un traballador incansable pola mellora da sociedade, da economía, as ciencias sociais e a cultura galegas.

Anualmente ten lugar o concurso literario do noso concello, que tamén leva o seu nome “Concurso Literario Xaime Illa Couto” e celebrase o seu acto principal o día 17 de maio no propio Centro Cultural, sito na Rúa da Igrexa, nº 16 de Raxó.

O edificio, cun total de superficie construída 1403.87 m2, consta de:

    Andar Baixo: 673.57 m2
    Andar Baixo – Praza cuberta (50%): 138.79 m2
    1º Andar: 591.51 m2

Existen actividades diarias de acceso público, nas diferentes dependencias:

    Sala polivalente: 300.54 m2
    Sala de reunión: 64.05 m2
    Aula informática: 37.06 m2
    Sala obradoiro: 51.76 m2
    Sala de lectura: 119.68 m2

Go to top