O centro para a modernización e inclusión tecnolóxica (CeMIT), a aula dixital de Combarro, reabre as súas portas o luns 7 de abril, logo de acadar a consideración como "aula de referencia", que supón unha achega económica de 15.000 € para desenvolver o Plan de Inclusión Dixital de Galicia, a través dunha programación anual de cursos de formación para promover a alfabetización dixital, potenciar o uso das ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento empresarial e búsqueda de emprego, e minorar a fenda dixital naqueles colectivos con máis dificultade para acceder ás novas tecnoloxías.

O Concello de Poio, desde que puxo en funcionamento esta aula na Escola do Campo de Combarro no ano 2008, aposta por continuar mantendo este servizo, que só no ano pasado deu 414 altas de novos usuarios e imparteu máis de 900 horas de cursos. Ademais, o centro seguirá contando co servizo de Aula Aberta, con acceso libre e gratuíto tanto aos equipos como á conexión a internet, nas franxas horarias onde non se imparten cursos de formación, tamén gratuítos.

Para inscribirse e solicitar máis información: Tlf. 986 770 001 ext. 1321, correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Actividades e Cursos no CEMIT de Poio

 

Go to top